Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

ENCONTRO INTERNACIONAL DE COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO DESENVOLVEMENTO S.U.G. - NORTE DE PORTUGAL

casa-das-campc3a1s.jpg
26 e 27 de novembro

Dentro das actividades programadas pola Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), composta polas tres Universidades Galegas (Coruña, Santiago e Vigo), presentamos aquí este primeiro “Encontro internacional de cooperación universitaria ao desenvolvemento SUG- Norte de Portugal”, coa intención de aproximar aos integrantes das Comunidades Universitarias, galegas e portuguesas relacionados coa cooperación ao desenvolvemento. Este evento, que conta co financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa U.E. Xunta de Galicia, é organizado nesta ocasión pola Universidade de Vigo, nunha mostra da súa aposta por introducir a Cooperación ao Desenvolvemento entre as súas liñas de actuación.

Podedes consultar o Programa aquí:

http://extension.uvigo.es/extension_gl/cooperacion/

 

Para máis información e inscricións, por favor remitan os seus datos (nome, dni, teléfono, institución á que pertencen), e consultas ao seguinte correo electrónico, ou ao teléfono de contacto:

cooperacion@uvigo.es 

986 81 87 16