Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

I Ciclo de Cine e Dereitos Humanos

cartel-derechos-humanos-a3.jpg
12 xaneiro ata 13 xullo 2015

A Oficina de Cooperación e Voluntariado, en colaboración co Área de Cultura da UDC, presenta o I Ciclo de Cine e Dereitos Humanos, que vai a ter lugar entre os meses de decembro de 2014 e xullo de 2015 no campus de Esteiro en Ferrol.

O ciclo iniciarase coa proxección do documental "O Mundo tras Julius", centrado na vida deste xoven alemán que vivía na rúa, e que tivo o seu pasamento nun hospital de Lugo, tras vagar por distintas cidades galegas, especialmente A Coruña. Ademais de ser presentado polos dous xóvenes que o rodaron, contaremos coa presenza do voluntariado do programa Sin Teito para o Foro posterior á proxección. 

O ciclo continuará no mes de xaneiro, e finalizará o mes de xullo de 2015. As proxeccións terán lugar todos os segundos luns de mes ás 18 h, e ademais do visionado dunha película ou documental que servirá de xanela para abordar distintas realidades relativas aos Dereitos Humanos, contarase coa participación de activistas de ONG, asociacións e movimentos sociais e do voluntariado do Programa de EpD e Sensibilización, que levará a cabo actividades complementarias e paralelas ao Ciclo de Cine e DDHH durante a súa celebración o curso 2014-2015.

Entrada libre.

Mais información