Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

I Encontro ‘Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte’

cidec.jpg
25 e 26 de maio

O primeiro encontro ‘Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte’ xirará arredor dos grupos sociais máis vulnerabilizados da sociedade actual e fomentará a posta en marcha dunha comunicación que permita a inclusión destes grupos. Celebrarase o luns 25 e o martes 26 na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC organizado polo proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), que desenvolven cinco grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real_Code).