Este I Encontro Internacional está organizado polo Grupo Informal Xuristas en Acción no marco do programa Iniciativa Xove, financiado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Terá lugar na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela os días 7 e 8 de outubro de 2015.
Está dirixido a todos os mozos e mozas que estexan sensibilizados cos Dereitos Humanos e cos Dereitos Fundamentais. Poden participar no encontro aportando traballos orixinais e inéditos sempre que teñan un carácter científico e sexan aprobados polo comité científico.
Ademais, todos o estudantado da USC que participen no mesmo, recibirán 1 crédito de libre configuración (en trámite). (Válido só para estudantes de licenciaturas, diplomaturas, enxeñarías e títulos propios).
Máis info: www.simposiocientifico.com