A Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación e a Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente fan pública a convocatoria dos II Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña.
O prazo de presentación de candidaturas rematará o 4 de xuño.
Establécense tres modalidades de participación, con dous premios por cada modalidade, coas seguintes dotacións:
Premio á Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo en Materia de Sustentabilidade (patrocinado pola Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible)
Premio á Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo en Materia de Atención á Diversidade
Premio á Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo en Materia de Redución das Desigualdades
Documentos de interese