Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

II Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña

ii-premiosaps-udc-instagram.png
Ata o 4 de xuño

A Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación e a Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente fan pública a convocatoria dos II Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña.

O prazo de presentación de candidaturas rematará o 4 de xuño.

Establécense tres modalidades de participación, con dous premios por cada modalidade, coas seguintes dotacións:

Premio á Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo en Materia de Sustentabilidade (patrocinado pola Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible)

  • premio: 600 €
  • premio: 400 €

Premio á Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo en Materia de Atención á Diversidade

  • premio: 600 €
  • premio: 400 €

Premio á Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo en Materia de Redución das Desigualdades

  • premio: 600 €
  • premio: 400 €

Documentos de interese

Acceso á convocatoria

Anexo I. Solicitude da Candidatura

Anexo II. Aceptacion ou renuncia ao premio