Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

III Xornada Universitaria Galega en Xénero. Trazos de xénero no século XXI

logo_xugex_ii.png_15009671.png
5 xuño 2015

As oficinas/unidades de igualdade das tres universidades galegas organizan a III Xornada Universitaria Galega en Xénero que terá lugar o día 5 de xuño no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Este ano a Xornada achégase, dende unha perspectiva crítica e multidisciplinar, aos retos que se formulan nos estudos de xénero e nos feminismos do século XXI. Así, a III Xornada Universitaria Galega en Xénero abordará tres áreas temáticas:

Xénero e desenvolvemento sostible. Coordina: Unidade de Igualdade da Uvigo

Corpos e corporalidades en crise. Coordina: Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC

Violencia de xénero: persistencia e novas formas. Coordina: Oficina de Igualdade de Xénero da USC

Máis información 

9.00-10.00 h Rexistro de asistentes

10.00-10.30 h Inauguración da xornada

10.30-11.30 Conferencia inaugural

Xénero e desenvolvemento sustentable: Os Programas das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD)

Verania Chao, especialista en medio ambiente e cambio climático do Programa das Naciones Unidas para o Desenvolvemento. Grupo en Xénero

11.30-12.00 h Pausa café

12.00-13.30 h  Mesa redonda: Xénero e desenvolvemento sostible

Moderadora: Azucena Arias, Universidade de Vigo

-        María Álvarez Lires, Universidade de Vigo

-        María Xosé Rodríguez Galdo, Universidade de Santiago de Compostela

-        María Concepción Carreiro Otero, Universidade da Coruña

13.30-14.45 h Xantar

14.45-15.30 Sesión póster

15.30-17.00 h Mesa redonda: Corpos e corporalidades en crise

Moderadora: Cristina López Villar, Universidade da Coruña

-        Reene de Palma, Universidade da Coruña

-        Carmen Senra Rivera, Universidade de Santiago de Compostela

-        Carlos Tejo Veloso, Universidade de Vigo

 

17.00- 17.30 Pausa café

17.30-19.00 Mesa redonda. Violencia de xénero: persistencia e novas formas.

Moderadora: Lourdes Mella Méndez, Universidade de Santiago de Compostela

-        Jorge García Marín, Universidade de Santiago de Compostela

-        Nereida María Canosa Domínguez, Universidade da Coruña

-        Águeda Gómez Suárez, Universidade de Vigo

19.00-19.15 h Conclusións da xornada

19.15-19.45 h. Entrega de diplomas acreditativos