Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Informe “Covid-19 e resiliencia comunitaria

informe covid.jpg
Abril 2021

Ayuda en Acción pon a disposición da RGCUD o informe “Covid-19 e resiliencia comunitaria”, publicado cando se cumpre un ano da declaración como pandemia desta enfermidade pola OMS.

O informe, elaborado dende a rede Alliance2015 da que forma parte a ONGD, pon de manifiesto como a COVID-19 ameaza a capacidade de resiliencia das comunidades máis empobrecidas. Sobre os resultados dunha enquisa realizada a 16.000 persoas en 25 países empobrecidos durante 2 meses, o informe, pon de relieve os diferentes impactos e desigualdades xerados pola crise da COVID-19 en sectores como a seguridade alimentaria, o auga e o saneamiento (WASH), a educación ou a xeración de ingresos, entre outros.

Este enfoque multisectorial ofrece unha completa radiografía dos diversos efectos da pandemia e constitúe unha ferramenta para guiar as diferentes respostas que podemos adoptar ante os retos da COVID-19.

 

Ademais do informe e o resume executivo (que achegamos neste enlace podes acceder a un mapa interactivo cos datos máis significativos por país e temática.