Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Inicia a II Xornada de Venres de Voluntariado

folleto_voluntariado.jpg
03/03/2023

Apúntate á xornadas Venres de voluntariado :

O venres día 3 de marzo de 11:30 a 14:00 terá lugar a II xornada Venres de voluntariado, que é unha boa ocasión para coñecer directamente os distintos programas de voluntariado que oferta a Universidade de Vigo, así como para coñecer as entidades  sociais que colaboran connosco.

 Nesta ocasión contaremos coa presenza de ASDEGAL e Cruz Vermella que nos presentarán o seus programas de voluntariado na provincia de Ourense e Pontevedra. Tamén teremos a ocasión de coñecer dous novos programas de voluntariado impulsados pola Unidade de Igualdade para o  apoio e acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero

É precisa a inscrición previa por medio do seguinte enlace: +Info e inscrición

 As xornadas Venres de voluntariado, constitúen unha ocasión para dar a coñecer directamente os distintos programas de voluntariado que oferta a Universidade de Vigo, tanto os programas propios coma aqueles organizados con entidades sociais. Trátase dunha Xornada virtual a través do campus remoto. +Info e inscrición