Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

IV Congreso Internacional de Estudos do Desenvolvemento

_24615.png
12-14 decembro 2018

O IV Congreso Internacional de Estudos do Desenvolvemento é unha iniciativa da Rede Española de Estudios do Desenvolvemento (REEDES) da que a RGCUD forma parte. Será organizado pola Universidad Loyola Andalucía e os seu Instituto de Desarrollo, la Fundación ETEA.


Terá lugar en Córdoba, do 12 ao 14 de decembro de 2018, no Campus de Córdoba da Universidad Loyola Andalucía. Será un congreso internacional no que se espera que participen máis de 200 investigadores e investigadoras, así como docentes de distintos países dedicados aos Estudos do Desenvolvemento e organizacións sociais que estudan esta problemática, en grande medida membros de REEDES. 

A organización do congreso amplia o prazo de envio de comunicacións ata o 4 de xuño. Máis información aquí.