Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Lanzamento do obradorio ARQUITECTURAS AMBULATORIAS

cartaz aa campanario.jpg
15 e 16 maio

Trátase dun proxecto enmarcado dentro da Convocatoria de EpD, Sensibilización e Participación Social promovida dende a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, e comprende un obradorio de aprendizaxe-servizo no barrio do Campanario en A Coruña.

"ARQUITECTURAS AMBULATORIAS" é unha das accións subvencionadas pola nosa Convocatoria de EpD, Sensibilización e Participación Social deste ano 2019. Presentado por unha alumna de doutoramento da ETSAC, Cristina Botana, fai o lanzamento público do obradorio o mércores 15 de maio na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos ás 12.45 h, e o xoves 16 nas  Facultades de Socioloxía e na Escola de Arquitectura, ás 11.30 e 12.30 h respectivamente.