Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Lanzamento do proxecto KAYA CLINICA en Maputo, Mozambique

kaya_clinica.jpg
Xullo 2016

O xoves 21 de xullo, en Maputo (Mozambique), tivo lugar o lanzamento do proxecto de cooperación universitaria ao desenvolvemento Kaya Clinica (“clínica das casas” en lingua xangana)

O proxecto, impulsado pola Universidade Eduardo Mondlane de Mozambique en colaboración coa Universidade da Coruña, está financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) con 74.824 euros para un período de execución de 18 meses.

O proxecto Kaya Clinica vai executar un sistema de aprendizaxe - servizo para o alumnado, enfocado á habitabilidade integral (auga, saneamento e mellora da habitabilidade), que se inicia nun dos barrios informais da capital mozambicana, Dimitrov, situado ao norte da cidade.

O proxecto implica as facultades ou escolas de Arquitectura, Enxeñaría, Dereito, Letras e Ciencias Sociais, Medicina e Economía da Universidade Eduardo Mondlane, e as escolas de Arquitectura e de Enxeñaría de Camiños da UDC, así como á súa Oficina de Cooperación e Voluntariado.