O Obradoiro de fotografía con Gabriel Tizón: “Persoas e situacións: o encontro”, impartirase o día 30 de novembro, das 16 ás 20 horas. Está orientado ás facetas técnicas e psicolóxicas do encontro entre a persoa detrás da cámara e a persoa retratada.
Realizaranse exercicios co alumnado, sendo eles mesmos os protagonistas detrás da cámara. A inscrición é gratuita e as prazas son limitadas. Celebrarase na Facultade de CC da Comunicación no campus de Elviña.
A inscrición está aberta ata o vindeiro venres 25 de novembro, e farase enviando un correo electrónico co DNI e nome e apelidos a smartinez@udc.es