Nunha carpa instalada a semana pasada entre a Bibilioteca Concepción Arenal e a Facultade de Dereito botaron a andar en Compostela os Almorzos Xustos. Cun café como pretexto, o obxectivo desta iniciativa é axudar a reflexionar á comunidade universitaria sobre o que significa un produto xusto e fomentar o consumo responsable. Estes Almorzos Xusto repetiranse nas seguintes datas:
Esta é unha das actividades que a USC a través da súa Oficina de Desenvolvemento Sostible e do Servizo de Participación e Integración Universitaria está a desenvolver no marco do proxecto ‘USC sostible. Comercio xusto, ciclos curtos de distribución e consumo responsable’, liderado en agrupación coa Asociación para o Comercio Xusto e Solidario PANXEA e en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia grazas ao financiamento de Cooperación Galega, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e a UE.
Dentro deste proxecto está programado tamén un programa formativo con diferentes actividades nesta temática para toda a comunidade universitaria (neste enlace está toda a información), así como a conformación da rede de voluntariado "Embaixadoras do Comercio Xusto". Esta rede estará conformada por estudantes da USC que colaboren no deseño, difusión e apoio na realización das actividades que engloba o proxecto durante o curso 2016-2017. O seu obxectivo é fortalecer a implicación e compromiso do alumnado cara a un consumo responsable.
Se eres estudante da USC e queres participar como voluntaria ou voluntario na rede "Embaixadoras do Comercio Xusto" ou queres recibir máis información: sepiu.santiago@usc.es // 881 812 872