Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Presentación do TFG dunha alumna PCR na Universidade da Coruña

img-20180621-wa0000.jpg
22 de xuño de 2018

Rebeca Nuevo Mayán, alumna da Universidade da Coruña, presentou o pasado venres 22 de xuño o seu Traballo Fin de Grao en Estudos de Arquitectura.

Rebeca recibira unha bolsa PCR (Proxectos de Coñecemento da Realidade) da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, coa que viaxou en 2017 a Maputo, Mozambique, para colaborar no proxecto de cooperación universitaria ao desenvolvemento KAYA CLÍNICA, que a UDC estivo a desenvolver xunto coa súa socia a Universidade Eduardo Mondlane daquel país africano, e a Fundación Universidade da Coruña entre o 2016 e mediados de marzo de 2018. O dito proxecto foi financiado pola AECID.

KAYA CLINICA foi un proxecto de aprendizaxe-servizo para o alumnado, e no dito proxecto, recoñecíase a capacidade de acción das propias persoas residentes no barrio de intervención da capital mozambicana (Dimitrov) á hora de construír o seu propio hábitat, ofertándoselles a asistencia técnica da que non dispoñían. Rebeca foi unha das estudantes que realizou esta labor, incorporándoa ao traballo que presentou exitosamente ante o tribunal da ETS de Arquitectura da UDC do título "O profesional da Arquitectura ante o Hábitat autoxestionado".