Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Proxección e charla-coloquio. "Las Constituyentes"

constituyentes_oix.jpg
14 abril 2015

Proxección do documental Las Constituyentes e coloquio con Nona Inés Vilariño Salgado, deputada da 1ª lexislatura pola Coruña, unha das 27 mulleres que desde o seu traballo parlamentario foron protagonistas -na lexislatura constituínte de 1977- do cambio cara á democracia e da defensa activa da igualdade entre mulleres e homes.

Esta actividade celebrarase o 14 de abril de 2015 ás 17:30 horas no Salón de Actos da R.U. Jesús Bal y Gay do Campus de Lugo. E está organizada pola Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información