Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Publicación do libro do Curso de Especialización de posgrao de Cooperación e EpD

portada libro postgrado.jpg
2018

A Universidade da Coruña vén de publicar o libro co título "Curso de especialización de posgrao en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento", que é  un compendio de distintos materiais en torno aos módulos formativos do dito curso de especialización, título propio da UDC.

A publicación pode atoparse en formato pdf no RUC da UDC.

Nun total de 134 páxinas, recóllense artigos, entrevistas e resumos das materias impartidas en cada un dos módulos que conforman o dito curso, que abranguen temáticas tan interesantes como o voluntariado para a cidadanía global, as migracións e o codesenvolvemento en España, as fontes de financiamento, os enfoques transversais en cooperación ao desenvolvemento ou a acción humanitaria.