Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Publicación do libro KAYA CLÍNICA

portada kaya clinica.png
16 de outubro de 2018

Tras tres anos de inxente traballo en Mozambique e Coruña, e coa colaboración de moitas das persoas que estiveron a traballar no proxecto (de alá e de acá), construiuse o libro colectivo "KAYA CLÍNICA: UNHA EXPERIENCIA UNIVERSITARIA DE APRENDIZAXE-SERVIZO PARA A ABORDAXE ALTERNATIVA DO DEREITO A TEITO, que xa está accesible no repositorio da UDC (https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/20931). O proxecto Kaya Clínica aunou cooperación universitaria ao desenvolvemento e innovación educativa, con dúas universidade protagonistas: Universidade Eduardo Mondlane de Mozambique e Universidade da Coruña.

O KAYA CLÍNICA é un proxecto de base comunitaria que, aprendendo da realidade, percibe os problemas da comunidade coa comunidade, e parte deste coñecemento para desenvolver mecanismos técnicos para a súa resolución. É unha iniciativa innovadora, na medida que presenta novas maneras de encaixar e resolver os problemas da vivenda e da didáctica. KAYA CLÍNICA é unha iniciativa da Universidade para a Comunidade.

Os niveis de receptividade do proxecto na comunidade, inspirou á UEM a iniciar o proceso da súa institucionalización para continuar dando respostas ás moradoras do barrio George Dimitrov e atopar unha plataforma para diseminar esta boa práctica dentro do municipio de Maputo e do país. O proxecto KAYA CLÍNICA aúna cooperación e innovación educativa. Sólo por tratarse dun binomio pouco frecuente, o desenvolvemento deste programa xa merecía o apoio das institucións, tanto educativas de España e Mozambique como as locais de Maputo e, por suposto, da Axencia Española de Cooperación Internacional.