Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Remata o curso de formación para os PCR e PCC da convocatoria 2019

pcr2019.jpg
Maio 2019

A pasada fin de semana rematou o curso de formación para o alumnado PCR que neste ano 2019 disfrutará dunha bolsa da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña para desenvolver os seus proxectos en terreo coas ONG de desenvolvemento. 17 alumnas e alumnos viaxarán a Etiopía, Sao Tomé, Guatemala, Mozambique, Honduras, Palestina, Nepal e Grecia.

Dentro dos módulos formativos, imparitiuse un específico sobre a elaboración dos Traballos de Fin de Grao e Traballos de Fin de Mestrado de 3 h de duración, a cargo da consultora especialista en acción humanitaria Ofelia García co título: "Seguridade e responsabilidade no terreo orientado aos TFM e TFG en países en vías de desenvolvemento"