Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Seminario Internacional polo Dereito á Educación “A educación cambia o mundo. A participación cidadá na Axenda post-2015”

21 e 22 de abril

No marco da Campaña Mundial pola Educación convidámosvos a participar no Seminario Internacional polo Dereito á Educación “A educación cambia o mundo. A participación cidadá na Axenda post-2015” que terá lugar os vindeiros días 21 e 22 de abril de 16:00 a 20:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida (Campus Sur) de Santiago de Compostela.

inscrición é de balde e farase enviando un correo a cme-galicia@cme-espana.org. No programa adxunto tendes toda a información.