Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Sinatura dun novo Convenio entre a Xunta e o SUG para o fortalecemento da RGCUD

Os reitores das tres universidades galegas, Salustiano Mato (UVigo), Juan Viaño (USC) e Julio Abalde, Universidade da Coruña, asinaron a mañá do 12 de setembro un convenio de colaboración co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alberto Rueda, para levar a cabo un proxecto de fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento.
 

A Xunta aportará 100.000 euros en dous anos, 2016 e 2017, e as universidades aportarán un total de 25.000 euros para cubrir o custo total do proxecto que ten como obxectivo que o Sistema Universitario Galego se afiance como un axente de cooperación ao desenvolvemento con actuacións en cooperación e educación para o desenvolvemento.