O pasado luns 11 de xuño, un grupo duns 30 PDI e PAS da Universidade da Coruña, reuníronse na Facultade de Dereito do campus de Elviña para un taller organizado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado, sobre como transversalizar a Axenda 2030 nas competencias dos graos universitarios.
O taller, de 4 h de duración, foi impartido por María de los Llanos Gómez, directora do Centro de Cooperación al Desarrollo da Universidade Politécnica de Valencia e secretaria do grupo de traballo de cooperación universitaria ao desenvolvemento da CRUE Internacionalización.