Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

V Xornadas do Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

jornadas ocud.jpg
25 e 26 de outubro

Os vindeiros 25 e 26 de outubro, terán lugar na Universidade Rey Juan Carlos de Aranjuez, as V Xornadas do Observatorio de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD), organizadas pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas.

O Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD) é unha iniciativa de Crue Universidades Españolas, en coordinación coa Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento (AECID) e o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.

O OCUD ten como obxectivo ser o punto de referencia da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento en España. Facilita o intercambio de experiencias entre universidades, e contribúe a facer máis visible o traballo das Universidades en Cooperación, as súas potencialidades e recursos.