Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Vídeos das Xornadas "A Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento ante a Axenda 2030"

banner_cooperacion_con logos.jpg

Os pasados 19 e 20 de novembro celebráronse na Universidade de Vigo as Xornadas "A Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento ante a Axenda 2030". O programa das mesmas estaba estruturado en tres bloques: 1) Delimitando a cooperación universitaria ao desenvolvemento, 2) O ecosistema da cooperación universitaria ao desenvolvemento e 3) A Axenda 2030. O reto da Universidade do século XXI. 

Nas ponencias e mesas redondas participaron expertas e expertos en CUD a nivel estatal como Pablo Martínez Osés, Clara Murguialday ou Jose Antonio Alonso. Tamén participaron representantes de diferentes universidades para compartir coas universidades galegas a súa experiencia e boas prácticas (Universitat Politècnica de València, Universidade Autónoma de Madrid, Universitat Politècnica de Catalunya, Universidad Gastón Dachary de Arxentina, entre outras moitas).

Co obxecto de ampliar o impacto e difusión destas xornadas, desde a UVigoTV publicaron os vídeos completos de todos os relatorios e mesas redondas. Así que, quen non puido asistir, pinchando aquí ten acceso a todos estes contidos.