Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

VII Congreso Universidade e Cooperación ao Desenvolvemento

29 ao 31 de marzo de 2017

Aberto o prazo de envío de comunicacións para o VII Congreso Universidade e Cooperación ao Desenvolvemento, que terá lugar en Madrid entre os días 29 ao 31 de marzo de 2017.

Acceso á web do Congreso

 

“A Universidade e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”

A universidde española iniciou un proceso de reflexión estratéxica sobre a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) na Universidade. Algo que implica a abordaxe destes obxectivos de forma transversal nas políticas universitarias e integrar á Axenda 2030 nos distintos eidos de acción da universidade: a formación, a investigación e a extensión universitaria.

Os ODS constitúen a primeira resposta real e global aos desafíos do desenvolvemento nun mundo en constante cambio. A Axenda 2030 foi construida coa intención de ser universal e global, dende a base do diálogo e a participación de todos os axentes implicados.