Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Webinar "Novos modelos de sociedade pos-2020"

cartelnovosmodelos.jpg
24 de marzo

O webinar terá lugar a través de Teams o 24 de marzo próximo, e abordaranse cuestións relativas á irrupción da pandemia da covid nas nosas vidas, e como é preciso traballar en modelos alternativos ao actual para garantir unha vida sostible dende xa.

A asistencia é gratuita, pero precisa inscrición previa aquí.

O webinar "Novos modelos de sociedade pos-2020" contará coa presenza de Cristina Monge, politóloga, profesora de socioloxía na Universidade de Zaragoza e senior advisor de LlyC. Experta en cooperación, forma parte do Consello de Cooperación. É autora, entre outros de "15M: Un movimiento político para democratizar la sociedad (2017)", coautora de "Hackear la Política (2018"), e de "La Iniciativa Social de Mediación de los conflictos del agua en Aragón (2019)".  Ademais, é co-editora da colección "Más Cultura Política, Más Democracia", e analista política para El País, Cadena SER e Infolibre, e RTVE. A súa intervención versará sobre aquelo que desaprendimos coa pandemia.

Tamén contaremos con Christian Felber, escritor, profesor universitario e bailarín austriaco. Iniciador da "Economía do Ben Común (EBC), un modelo económico integral e coherente que ofrece unha alternativa ás dúas principais narrativas históricas do “capitalismo” e do “comunismo”, do que nos falará no webinar, é autor de varios bestsellers que inclúen "Cambiar todo. Crear una economía para el bien común" e "Dinero. Las nuevas reglas del juego”, que recibiu o premio getAbstract International Book Award 2014. Pola súa banda, "La economía para el bien común" recibiu o premio ZEIT-Wissen en 2017.