Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

XIV XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE INTERCULTURALIDADE: INTERSECCIONALIDADE E IDENTIDADES DIVERSAS

cartel jornada interculturalidad (2).jpg
5 de novembro de 2018

A XIV XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE INTERCULTURALIDADE: INTERSECCIONALIDADE E IDENTIDADES DIVERSAS,celebrarase en Ferrol o vindeiro 5 de novembro, na aula magna da Facultade de Humanidades do campus de Esteiro.

A xornada, gratuita, estará aberta a toda a comunidade universitaria, persoal técnico e voluntariado de asociacións e ONG, activistas e público interesado en xeral. Será preciso realizar unha inscrición a través do formulario dispoñible na páxina web da Oficina de Cooperación e Voluntariado. As prazas confirmaranse por rigurosa orde de inscrición.

MAÑÁ

9.00-9.30 h. Recepción das persoas asistentes

9.30-10.00 h. Presentación da xornada. Pilar García de la Torre, vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, e Manuela Pita Santos, decana da Facultade de Humanidades e Documentación da UDC.

10.00-11.30 h. Conferencia e debate: Afrofeminismo e decolonialidade. Antoinette Torres Soler. Fundadora e directora de Afroféminas, escritora e investigadora.

11.00-11.30 h. Pausa

11.30-13.00 h. Monólogo: Como sería a miña vida se fose un negro de película? Moha Gerehou Gerewu. Xornalista de <eldiario.es> e activista contra o racismo en SOS Racismo Madrid.

13.00-14.30 h. Conferencia e debate: Corpos fronteirizos: activismo antirracista LGTBIQ. Jeane Sodré Costa. Educadora e sexóloga.

TARDE

16.00-17.30 h. Mesa redonda: Conciencia e activismo

  • Ciberespect. Identificación e combate do discurso de odio na Rede. Natalia Sueiro Monje. Xornalista e responsable de comunicación da ONG Ecos do Sur.
  • Afrogalegas. Movemento para a visibilización da muller afrodescendente en Galicia. Zinthia del Valle Alvarez Palomino. Periodista, fundadora e activista do colectivo Afrogalegas.
  • Crianzas orgullosamente negras. Patricia Ares Díaz. Responsable de educación intercultural da ONG Viraventos e coordinadora de Yarama África.

Modera: Vanessa Míguez Martín. Técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC

17.30-18.00 h. Pausa

18.00-19.30 h. Conversatorio: Madrid negro: poética Afro. Yeison F. García López, politicólogo e activista da comunidade Afro.

19.30-20.30 h. Mesa redonda: Experiencias autobiográficas na aula do estudantado racializado

Modera: Cathryn Teasley Severino. Profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, Facultade de Ciencias da Educación da UDC