Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Xornada Mulleres e Mar. Tecendo Redes.

diptico delantera muller e mar.jpg
19 de outubro de 2018

Este próximo venres 19 de outubro temos organizado en Ferrol, en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero e a Cooperativa Coop4Equality, a xornada MULLERES E MAR. TECENDO REDES, na que a sesión da mañá será aberta ao público en xeral, e terá lugar no salón de actos "Concepción Arenal" do campus de Esteiro a partir das 10 h. Pola tarde, en sesión de traballo pechada, un nutrido grupo de mulleres relacionadas coa mar dende todos os ámbitos profesionais e a través de distintas dinámicas grupais, traballarán xuntas na diagnose dos retos e oportunidades e as estratexias precisas para promover o rol da Universidade no desenvolvemento do liderado e visibilidade das mulleres do mundo marino.