Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Xornada "Os ODS en Galicia: o papel da sociedade civil organizada"

xornadas ods coordinadora.png
4 de outubro de 2018

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) terá representación na xornada "Os ODS en Galicia: o papel da sociedade civil organizada" que a Coordinadora Galega de ONGD organizou para o vindeiro 4 de outubro en Santiago de Compostela.

Dende a aprobación da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a sociedade civil organizada non fixo unha reflexión conxunta para decidir que papel quere ter na implementación e impulso da Axenda en Galicia, e a dita xornada pretende darlle resposta a diversas cuestións relacionadas.

A participación da RGCUD terá lugar na MESA 3. As alianzas no impulso dos ODS, na que se tratará a cuestión seguinte: "Que papel queren ter en Galicia os distintos actores no ámbito dos ODS? Podemos coordinarnos e sumar sinerxías?

Na dita mesa de debate, ademais da RGCUD, participarán a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Pódese consultar o programa completo no enlace