A Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (formada polas tres universidades de Galicia) organiza para o próximo 22 de setembro as "Xornada para a Construción de Alianzas Público-Privadas para o Desenvolvemento" no Pazo de Longora , grazas ao financiamento da Dirección Xeral de Relacións Internacionais e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.
Estas xornadas teñen como obxectivo xerar un espazo de dialogo entre as comunidades universitarias, ONGDS e empresas de Galicia en torno á construción de Alianzas Público Privadas para o Desenvolvemento, que permita atopar puntos comúns de traballo para a xeración de sinerxías necesarias para afrontar os retos da nova Axenda do Desenvolvemento post2015 das Nacións Unidas.
A partir da Declaración do Milenio (2000) e especialmente na nova axenda do desenvolvemento post2015 das Nacións Unidas, ponse especial énfases en que as grandes metas de desenvolvemento só poden alcanzarse a partir de procesos de concertación que articulen os recursos e as capacidades de múltiples actores.
Para o sector da cooperación de Galicia será moi beneficioso profundar na converxencia de intereses entre os diferentes actores, que permita xerar sinerxías de traballo, mellorando a eficacia e a eficiencia da cooperación e educación para o desenvolvemento, facilitando o cumprimento do compromiso social así como o impacto entre os grupos de interese dos diferentes actores.
Para facilitar este espazo, dentro das Xornadas, deseñouse un obradoiro-café para que os diferentes actores da cooperación invitados poidan compartir as súas propostas de traballo e identificar oportunidades conxuntas.
PROGRAMA
10:00 - 10:15 Inauguración
10:15 - 11:00 As Alianzas Público Privadas para o Desenvolvemento no marco da Axenda post-2015. José Luis Quintela Julián, Especialista en Cooperación e dinamización social.
11:00 - 12:00 Mesa redonda de Exemplos exitosos de proxecto multiactor das Universidades Galegas.
12:00 - 14:00 Obradoiro-Café Universidade-ONG-Empresa. Modera José Luis Quintela Julián, Especialista en Cooperación e dinamización social.
A inscrición rematará o día 15 de Setembro, e realizarase a través do seguinte enderezo de correo electrónico:
Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
Francisco Raigón Jiménez-
981 167 000 Ext 1740