Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Xornadas para a Construción de Alianzas Público-Privadas para o Desenvolvemento

logo-rgcud-alta.png
22 de Setembro

A Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (formada polas tres universidades de Galicia) organiza para o próximo 22 de setembro as "Xornada para a Construción de Alianzas Público-Privadas para o Desenvolvemento" no Pazo de Longora , grazas ao financiamento da Dirección Xeral de Relacións Internacionais e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.

Estas xornadas teñen como obxectivo xerar un espazo de dialogo entre as comunidades universitarias, ONGDS e empresas de Galicia en torno á construción de Alianzas Público Privadas para o Desenvolvemento, que permita atopar puntos comúns de traballo para a xeración de sinerxías necesarias para afrontar os retos da nova Axenda do Desenvolvemento post2015 das Nacións Unidas.

A partir da Declaración do Milenio (2000) e especialmente na nova axenda do desenvolvemento post2015 das Nacións Unidas, ponse especial énfases en que as grandes metas de desenvolvemento só poden alcanzarse a partir de procesos de concertación que articulen os recursos e as capacidades de múltiples actores.

Para o sector da cooperación de Galicia será moi beneficioso profundar na converxencia de intereses entre os diferentes actores, que permita xerar sinerxías de traballo, mellorando a eficacia e a eficiencia da cooperación e educación para o desenvolvemento, facilitando o cumprimento do compromiso social así como o impacto entre os grupos de interese dos diferentes actores.

Para facilitar este espazo, dentro das Xornadas, deseñouse un obradoiro-café para que os diferentes actores da cooperación invitados poidan compartir as súas propostas de traballo e identificar oportunidades conxuntas.

PROGRAMA

10:00 - 10:15 Inauguración

10:15 - 11:00 As Alianzas Público Privadas para o Desenvolvemento no marco da Axenda post-2015. José Luis Quintela Julián, Especialista en Cooperación e dinamización social.

11:00 - 12:00 Mesa redonda de Exemplos exitosos de proxecto multiactor das Universidades Galegas.

12:00 - 14:00 Obradoiro-Café Universidade-ONG-Empresa. Modera José Luis Quintela Julián, Especialista en Cooperación e dinamización social.

 

A inscrición rematará o día 15 de Setembro, e realizarase a través do seguinte enderezo de correo electrónico:

Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

Francisco Raigón Jiménez-

981 167 000 Ext 1740

ocvcoop@udc.es