Integrando os ODS e a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento na docencia

A Área de Equidade e Cooperación, en colaboración coa Facultade de Educación e Traballo Social, organiza o I Simposio interuniversitario: Aprendizaxe-servizo e Axenda 2030: integrando os ODS e a cooperación universitaria ao desenvolvemento na docencia.

No marco das actividades da Rede Galega de Cooperación Universitaria (RGCU) e co apoio das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, o simposio terá lugar o 7 de novembro de 2025 na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense.

Obxectivos:

  • Promover o coñecemento da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo e da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento no ámbito universitario.
  • Reflexionar sobre o potencial da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo para incorporar os ODS na docencia.
  • Incentivar sinerxías entre entidades sociais e a universidade.
  • Contribuír á creación dunha comunidade interuniversitaria en materia de Aprendizaxe-Servizo.

Persoas destinatarias:

  • Profesorado universitario e persoal en formación.
  • Persoal de entidades sociais, ONG, asociacións, administracións públicas, etc.
  • Alumnado universitario, egresadas/os e persoas interesadas en xeral.

Data e lugar de celebración:

Día: 7 de novembro de 2025 de 9:30 a 20:00 horas

Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense.

Inscricións:

A inscrición é gratuíta e pode realizarse ate o día 1 de novembro ás 23.59 horas no seguinte enlace:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14794

Certificado de asistencia:

Emitirase un certificado de asistencia de 10 horas ás persoas que participen nas sesións de mañá e tarde.

Programa preliminar e máis información:

Aprendizaxe-Servizo e Axenda 2030: Integrando os ODS e a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento na docencia | Universidade de Vigo

Presentación de pósteres:

Ata o día 1 de novembro poderanse enviar propostas de póster ao enderezo electrónico:
direc.equidade@uvigo.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *