O profesor da UDC, Plácido Lizancos, ven de ser elixido recentemente pola Asemblea Xeral de Arquitectura Sen Fronteiras Internacional como membro do seu International Board, cuxo panel está formado por 11 persoas: Beatrice de Carli (ASF UK), Jacqueline Cuyler (1to1), Faten Kikano (ASF Québec), Federica Rando (ASF Italy), Anton Ryslinge (ASF Denmark), Eric Selis (ASF Belgium-Netherlands), Lalia Sabsabiová (ASF-Czechia), Marcelo Rucho (ASF France), Susana Pesce (ASF Sweeden), Simhika Rao (ASF UK) e Plácido Lizancos (ASF España).
Plácido Lizancos, ex-decano da Escola Técnica Superior de Arquitectura, é un dos principais piares da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento da UDC. É membro da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e membro fundador de Artigo9tech, grupo de investigación creado para fomentar a Tecnoloxía para o Ben Común dentro da Cooperación Galega. É activista polo dereito á unha vivenda digna, a unha cidade deseñada para as persoas e un desenvolvemento sostible do rural galego. Mantén estreitas relacións con escolas de arquitectura de todo o mundo e participa en proxectos de cooperación co seu profesorado, en especial con escolas de República Dominicana e Mozambique. Entre outros, coordinou o Proxecto Kaya Clínica en Mozambique entre os anos 2015 ao 2018 financiado pola AECID. Ademais, é docente de cursos de posgrao de formación especifica en Cooperación para o Desenvolvemento da UDC e do Mestrado de Desenvolvemento de Asentamentos Humanos da Universidade Politécnica de Madrid.



Deja una respuesta