A iniciativa, desenvolvida en colaboración co Instituto Guatemalteco de Educación Radiofónica (IGER), incluíu seis seminarios virtuais dirixidos ao seu programa de formación para o voluntariado.
A Universidade da Coruña (UDC), a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), o grupo de investigación Educación para a Cidadanía Global (ECIGAL) e profesorado da Facultade de Ciencias da Educación, participou no programa de formación para o voluntariado do Instituto Guatemalteco de Educación Radiofónica (IGER), en colaboración con Solidaridad Internacional Galicia. Esta iniciativa tivo como obxectivo promover a participación social e a cooperación internacional desde o ámbito local, cun enfoque educativo e de cidadanía global.
Ao longo de 2026 desenvolveuse o programa “Estratexias participativas para acompañar aprendizaxes significativos”, composto polos seguintes seminarios:
- “Aprender y sentir en comunidad a través de cartografías colaborativas” impartido o 14 de febreiro de 2026 por Laura Cruz López (UDC), María José Caride Delgado (Solidaridad Internacional Galicia) e Uxía Hadaly Romero Bouzas (UDC).
- “Jugar a pensar a través del diálogo” impartido o 28 de febreiro de 2026 por Javier Francisco Rouco Ferreiro (UDC).
- “Estrategias prácticas para guiar procesos significativos” impartido o 11 de abril de 2026 por Rosa María Méndez García (UDC) e María Dolores Cotelo Guerra (UDC).
- “Medios de comunicación y tecnologías digitales desde una mirada crítica”, impartido o 25 de abril de 2026 por Alba Patricia Digón Regueiro (UDC) e José Miguel Samaniego Eguiguren (UDC).
- “Educación ambiental para el compromiso comunitario”, impartido o 16 de maio de 2026 por Araceli Serantes Pazos (UDC) e María Barba Núñez (UDC).
- “Conversaciones literarias para comprender y disfrutar de la lectura”, impartido o 27 de xuño de 2026 por Iria Sobrino Freire (UDC) e Patricia Carballal Miñán (UDC).
Os seminarios tiveron unha duración total de 20 horas e desenvolvéronse en modalidade virtual. As accións formativas foron impartidas conxuntamente pola Oficina de Cooperación e Voluntariado, o grupo de investigación Educación para a Cidadanía Global (ECIGAL) da UDC e profesorado da Facultade de Ciencias da Educación, en colaboración con Solidariedade Internacional Galicia e o Instituto Guatemalteco de Educación Radiofónica (IGER).
Unha vez finalizada a formación, realizouse a entrega dos certificados ás persoas participantes, nun acto no que participou profesorado da UDC.


Deja una respuesta