painel site 10 08 02

A OCV abre unha nova convocatoria de axudas para asistir ao congreso internacional ArCaDia 7 en Lisboa

•

A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da UDC lanza a súa II convocatoria de axudas dirixida ao alumnado que queira participar presencialmente no congreso internacional ArCaDia 7, que se celebrará en Lisboa do 24 ao 28 de novembro de 2026 baixo o lema «Habitar na Encrucillada. Epistemoloxías desde o Sur Global». O prazo para presentar solicitudes remata o 2 de outubro de 2026.

ArCaDia é un espazo internacional de encontro, reflexión e intercambio de experiencias en torno ao dereito á vivenda, o dereito á cidade, a produción social do hábitat e a construción de territorios máis xustos, inclusivos e sostibles. Nesta sétima edición, o congreso reunirá en Lisboa a persoal investigador, profesionais, movementos sociais e comunidades para abordar desafíos como as desigualdades urbanas, as migracións e os desprazamentos forzados, a exclusión residencial e a coprodución de coñecemento orientada á transformación social dos territorios.

Coa finalidade de fomentar a participación do alumnado da UDC neste tipo de espazos internacionais, a OCV convoca dúas axuda por un importe máximo de 500 € cada unha, para sufragar total ou parcialmente os gastos de inscrición, viaxe, e aloxamento e manutención para
a asistencia do estudantado ao congreso ArCaDia 7.

Requisitos

Poderán solicitar estas axudas o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
• Estar matriculado ou matriculada nunha titulación de grao, mestrado ou nun programa de
doutoramento da UDC durante o curso académico 2026/2027.
• Que os estudos que se estean a cursar teñan relación coas liñas temáticas do congreso.

Non será obrigatorio ter presentado unha contribución ao congreso, pero terán prioridade as solicitudes do
estudantado que o faga.

Obrigas

Asistir presencialmente ao congreso e participar nas actividades programadas.

• Incluír a filiación á UDC no caso de presentar contribucións científicas e facer referencia á presente
axuda na sección de agradecementos da contribución.
• Presentar toda a documentación requirida pola OCV en tempo e forma para a correcta tramitación
e pagamento da axuda, así como o certificado de participación.
• Comunicar á OCV calquera modificación relacionada coa asistencia ao congreso.

• Declarar a concesión de calquera outra axuda ou financiamento recibido para o mesmo fin.

Como solicitala

O impreso para presentar as solicitudes está dispoñible na páxina web da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC.

A solicitude presentarase a través do Rexistro electrónico da UDC (https://sede.udc.gal/services/telematic_register), no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (rúa Maestranza, 9, 15001 A Coruña) ou nos rexistros auxiliares da Coruña (Casa do Lagar, campus de Elviña, 15191 A Coruña) ou de Ferrol (rúa Vázquez Cabrera, s/n, campus de Esteiro, 15403. Ferrol) en horario das 9:00 ás 14:00 h. A data límite para entregar a solicitude será o 2 de outubro de 2026.

Criterios de valoración

Unha comisión avaliadora, presidida pola Vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, valorará as solicitudes atendendo a criterios como a presentación de comunicacións ao congreso (ata 4 puntos), a participación en actividades da OCV, da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) ou da rede Artigo9Tech (ata 3 puntos), e a participación en proxectos relacionados coa cooperación ao desenvolvemento e a educación para a cidadanía global (ata 3 puntos).

A resolución definitiva publicarase na sede electrónica da UDC e na web da OCV.

Máis información na convocatoria: II Conv. ayudas OCV asistencia a congresos de cooperación para alumnado

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *