Xa está aberto o prazo de inscrición para a formación básica en voluntariado, unha actividade de 12 horas de duración que se desenvolverá de forma presencial os días 23 e 24 de outubro.
Datas, lugar e horario
- Datas: 23 e 24 de outubro.
- Lugar: Aula 2 do Centro Universitario de Riazor.
- Horario: venres de 16:00 a 20:30 e sábado de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30.
- Modalidade: presencial.
Contidos
- Módulo 1. Dereitos e deberes da persoa voluntaria. Riscos do voluntariado.
- Módulo 2. As motivacións do voluntariado. O traballo en grupo.
- Módulo 3. Introdución á cooperación e á EDCG. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Voluntariado en cooperación ao desenvolvemento.
- Módulo 4. As habilidades sociais e a asertividade nas relacións de axuda.
Certificado e prioridade na inscrición
Para a obtención do certificado será necesaria a asistencia ao 85% das horas presenciais.
Na inscrición, priorizaranse as persoas voluntarias que se incorporen a proxectos da Oficina de Cooperación e Voluntariado.
Máis info en: https://www.udc.gal/gl/novas/Curso-de-formacion-basica-en-voluntariado-00007/


Deja una respuesta