O obxectivo pretende desenvolver e fortalecer as capacidades institucionais na formulación e implementación de estratexias de desenvolvemento rexional, buscando unha maior vinculación entre a universidade e o medio nos cales se insiren.
Mellora da cualificación do persoal académico destes países en todo o relacionado coas enerxías renovables, coa fin de fornecer “solucións a pequena escala, que poidan chegar a aplicarse mesmo nunha única vivenda, onde os propios usuarios cheguen a ser autosuficientes, sen depender de colaboradores externos para o mantemento das súas instalacións”.
Trátase dun practicum deseñado por dúas institucións universitarias- unha españolal e outra mozambiqueña- para o exercicio da habitabilidade básica, baixo a metodoloxía da aprendizaxe-servizo. Este practicum aúna formación e acción para mellorar a capacitación docente da comunidade académica, ofertándose aos centros universitarios con competencias e intereses na constucción do hábitat, o territorio, o medioambiente e as infraestruturas, ao tempo que se incide na mellora real da habitación humana. O foco das accións deste sistema de aprendizaxe-servizo é a habitabilidade integral (auga, saneamento e habitación) abordado dende un punto de vista multidisciplinar polo que implica tamén, ademais de a centros de formación en materia de construción, ás facultades de Mediciña, Dereito e Socioloxia que abordan as dimensións non materiais do habitar.
A finalidade deste proxecto é validar un modelo de institucionalización da metodoloxía de aprendizaxe-servizo na universidade, participando docentes da Universidad de Santiago de Compostela, que é a encargada da coordinación, Universidade de A Coruña, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Córdoba, Universidade de Navarra e Universidade de Valencia.
Contribuír ao desenvolvemento sostible do sector mariño e das persoas que dependen da súa explotación, a través do reforzo da investigación e da formación a través dos seus parceiros, a UniCV Universidade de Cabo Verde e INDP, Instituto Nacional de Desenvolvemento Pesqueiro.
O obxectivo xeral deste proxecto é contribuír ao empoderamento e á participación no diálogo social das mulleres procesadoras e vendedoras de pescado procedente da pesca artesanal e acuicultura rural a pequena escala como medio para mellorar o nivel de vida social, económico e nutricional da poboación dependente do sector.
A Rede de Investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade) está conformada por sete grupos de investigación da USC, UVIGO e UDC. Todos eles traballan sobre educación e fluxos migratorios, formación laboral, pedagoxía intercultural, as TIC na educación e na formación, procesos de adquisición de segundas linguas ou avaliación de programas.
REAL_CODE nace con tres grandes obxectivos: 1) Ampliar o marco teórico na relación transdiciplinar entre a comunicación e o desenvolvemento. 2) Fomentar o debate e a mobilidade entre grupos europeos e latinoamericanos na consolidación dun ámbito de estudo común. 3) Facilitar a transferencia de coñecemento entre a sociedade e o ámbito académico, nun camiño horizontal e de ida e volta.
Proxecto de consolidación e estruturación do Grupo de Investigación "Estudos dos sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africanos de lingua portuguesa, GALABRA".