Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Bolsas para o estudantado beneficiario ou solicitante de protección internacional, 2021/2022

bolsas.jpg
Do 26 de xullo ao 15 de setembro de 2021
Universidade:
UVIGO

OBXECTO:

Facilitar ás persoas refuxiadas a realización de estudos  universitarios , preferentemente oficiais, que permitan a súa integración no noso país.

CONTÍA

A contía individual máxima da bolsa será de 3.000 €  por persoa:

  • Os prezos públicos por servizos académicos e administrativos correspondentes á matrícula e o importe do seguro escolar de ser o caso.
  • Unha contía económica máxima de 2.000 € en concepto de axuda de manutención e residencia. A contía máxima percibirase pola matrícula en 60 ECTS ou de ser o caso 600 horas, diminuíndo proporcionalmente en función dos créditos nos que se realice a matrícula.
  • Un curso de galego dos impartidos pola Área de Normalización Lingüística  ou castelán no Centro de linguas da UVIGO a realizar durante o curso académico 2021/2022

REQUISITOS:

Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Ter a condición de beneficiario/a de protección internacional ou de solicitante na data de fin de presentación de solicitudes.
  2. Manifestar o interese de realizar a preinscrición ou estar preinscrito/a nunha titulación oficial de Grao e Máster de centros propios, ou nunha titulación propia de especialista da Universidade de Vigo.

SOLICITUDE:

Deberán cubrir o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8844 e presentalo presencialmente nos rexistros da universidade de Vigo, na sede electrónica,  ou por calquera dos medios establecidos na lei 39/2015.

DOCUMENTACIÓN:

  • Documento acreditativo da condición de beneficiario/a de protección internacional ou solicitante vixente no momento da solicitude (tarxeta branca ou tarxeta vermella).
  • Curriculum vitae con acreditación dos méritos alegados.
  • Documentación acreditativa das circunstancias alegadas.
  • Carta de aval de ONGs u organización internacional de axuda a refuxiados/as e calquera outro documento que a persoa solicitante considere relevante.

OBSERVACIÓNS: 

Terán prioridade as solicitudes para cursar titulacións oficiais sobre as de titulacións propias. En caso de empate, priorizaranse  aquelas candidaturas con estatus legal de refuxiado/a sobre os demandantes de asilo e entre estas as de estudos oficiais fronte a titulacións propias.

OBRIGAS:

  • Matricularse no curso 2021/2022 antes do 15 de outubro de 2021 nalgunha titulación oficial de grao ou mestrado, ou propia da Universidade de Vigo .
  • No caso dos solicitantes de asilo deberán comunicar a admisión ou inadmisión a trámite da solicitude en canto a reciban.

PRAZO PARA RESOLVER:

3 meses.

SILENCIO ADMINISTRATIVO:

Desestimatorio.