A Univesidade da Coruña, a través da súa Oficina de Cooperación e Voluntariado, convoca I Premio UDC a TFM e TFG en cooperación ao desenvolvemento. A dita convocatoria estará aberta ata o 8 de novembro, e permitirá ao estudantado da UDC que presentase o seu TFM ou TFG no curso 2019/2020 e que considere que pode ser especialmente relevante en temáticas relacionadas coa cooperación e a educación para o desenvolvemento, así como coa Axenda 2030 e os ODS, que opte aos premios de 800 e 400 euros respectivamente para o primeiro e segundo mellor traballo en cada modalidade (TFG ou TFM)
As bases da convocatoria poden consultarse aquí: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2020/008723