A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), convoca o III Concurso de vídeos "MÓVETE POLOS ODS" co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...
O dito Concurso está aberto a vídeos de 1 min de duración en formato mp4, coa temática de como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan estes obxectivos.
Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña
Participantes:
Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña nos curso 2022-23.
Requisitos técnicos dos vídeos:
O vídeo debe durar 1 minuto como máximo. Pode ser en color ou en branco e negro. Resolución: 1280x720p aínda que a ideal é 1920x1080p.
Temática:
Este concurso pretende convidar ás persoas participantes a mobilizarse e comprometerse fronte aos grandes retos mundiais actuais como son o cambio climático, as desigualdades sociais e de xénero, a perda da biodiversidade, a escaseza de auga, entre outros.
A temática terá unha relación directa coa contribución individual ou de cada organización á Axenda 2030 e ós seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Os premios para os videos máis votados en Youtube consistirán nunha dotación económica de:
1º Premio ao vídeo máis votado en youtube: 550 €
2º Premio ao segundo vídeo máis votado en youtube: 350 €
3º Premio ao terceiro vídeo máis votado en youtube: 200 €
Premio á innovación: 400 €
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o día seguinte á publicación desta convocatoria o 30 de setembro de 2023.
Consulta a convocatoria:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1152
Pasos para presentar a convocatoria:
1-Cubrir o formulario:
Formularios | Secretaría Online Universidade de Vigo (uvigo.gal)
2- Achegar por sede o formulario cuberto
A solicitude realizarase preferentemente pola sede electrónica da Universidade de Vigo que é a universidade que xestiona a convocatoria este ano .
https://sede.uvigo.gal/
Utilizarase como formulario para a presentación o modelo instancia xenerica:
https://sede.uvigo.gal/public/publications/list/forms/FORMS/details/1151953
Na socicitude achegarase como adxunto o resgardo de inscrición obtido no apartado 1.
A solicitude será dirixida á Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
3: Solicitudes admitidas
Consulta as listaxes aquí:
4: Inicio das votacións.
A publicación dos vídeos será efectiva o vindeiro luns día 30 de outubro , momento a partires do cal poderase votar aos vídeos facendo clik en "me gusta" do video ou videos elixidos.
O prazo de votación estará aberto ate o día 14 de novembro ás 14:00 horas.
5: Publicación dos videos en Youtube:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLqZw1-y0ebbybG9FNtV3ZOU_Ld5A5gXbc
6: Publicación da listaxe dos vídeos premiados:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1152
Para calquera consulta sobre esta convocatoria os/as estudantes podes contactar connosco:
UDC: ocv@udc.gal
USC: sepiu.santiago@usc.gal
UVIGO: direc.equidade@uvigo.es