Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

III PREMIO UDC aos TFG e TFM EN COOPERACIÓN

thumbnail_img_1216.jpg_1282069755.jpg_1282069755.jpg
Ata o 30 de novembro de 2022
Público:
Estudante
A Universidade da Coruña a través da súa Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), convoca o III Premio UDC aos TFG e TFM en Cooperación.
Os proxectos terán que estar realizados no curso académico 21/22 con temática relacionada con:
• A cooperación para o desenvolvemento e o sistema de cooperación internacional.
• A educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.
• A Axenda 2030 e os ODS.
Convócanse catro premios distribuídos en dúas modalidades, segundo se indica a continuación:
a) Primeiro e segundo premio aos traballos de fin de grao (TFG) da UDC que mellor integrasen as dimensións da cooperación e a educación para o desenvolvemento humano sustentable nos seus proxectos.
b) Primeiro e segundo premio aos traballos de fin de máster(TFM) da UDC que mellor integrase nas dimensións de comunicación e educación para o desenvolvemento humano sustentable nos seus proxectos.
 

O primeiro premio de cada modalidade estará dotado con 800 € e o segundo premio de cada modalidade estará dotado con 400 €.
O prazo de presentación de candidaturas remata o 30 de novembro.

Consulta as bases.