Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

IX Convocatoria de Accións de EpD, Sensibilización e Participación Social

r_imvec_206.jpg_2086347273.jpg
Ata o 30 de setembro de 2022
Público:
Estudantes, PAS, PDI

A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña publica esta nova convocatoria de accións de educación para o desenvolvemento, sensibilización e participación social, e proxectos desenvolvidos coa metodoloxía da Aprendizaxe e servizo, co obxectivo de apoiar aquelas actividades da comunidade universitaria cuxos fins sexan os seguintes:

  1. Fomentar os valores da cidadanía global e promover un novo modelo humano activamente comprometido na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Organización das Nacións Unidas (ONU).
  2. Valorar e respectar a diversidade cultural e promover a interculturalidade.
  3. Impulsar o consumo responsable.
  4. Comprometerse coa erradicación da pobreza e as desigualdades.
  5. Defender os dereitos humanos individuais e sociais, alén da igualdade de xénero.
  6. Favorecer o coñecemento da Axenda 2030, adoptada pola ONU, promovendo a participación social comprometida e corresponsable da comunidade universitaria da UDC.

Acceso ás bases da convocatoria.

Dentro desta convocatoria poderán ser obxecto de financiamento as seguintes actividades:

  1. Charlas, xornadas, conferencias, cursos, obradoiros, exposicións etc. relacionadas coa comunicación e a educación para o desenvolvemento. As ditas actividades poderán levarse a cabo tamén en formato virtual.
  2. Actividades para a sensibilización da comunidade universitaria no tocante aos dereitos humanos, a xustiza social e a participación cidadá, con especial atención á Axenda 2030.
  3. Gastos financiables asociados aos proxectos de aprendizaxe e servizo levados a cabo no marco das distintas materias dunha titulación, nos TFG, TFM ou practicum.
  4. A publicación de materiais relacionados coas temáticas da convocatoria.
  5. Outras accións que cumpran cos obxectivos desta convocatoria.

Ata 1.000 euros (150 € no caso de publicacións)