Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | |
Horas | 24 | |
Descrición |
As universidades son actores clave en todo este proceso de axuda ao desenvolvemento e potentes impulsoras da innovación, o desenvolvemento económico e o benestar social, é por iso que teñen un papel fundamental para lograr o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e á vez, beneficiarse e comprometerse coa Axenda 2030. |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico e que teñan solicitado proxectos de cooperación con anterioridade.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
Demostrar o coñecemento práctico da metodoloxía do Enfoque de Marco Lóxico.
Identificar erros comúns nas formulacións presentadas a subvencións públicas de convocatorias anteriores.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona e presencial no Campus de Ourense.
Parte presencial (16 horas):
Os días 4, 11, 18 e 25 de outubro 16 a 20 horas.
Traballo autónomo (8 horas):
Desenvolvemento de tarefas de formulación de proxectos a realizar individualmente.
Ata o día 5 de novembro.
Programa
Parte presencial (16 horas):
Día 1. Teoría e práctica. 4 horas
Presentación e Introdución:
Día 2_Traballo en Grupos. Teoría e práctica. 4 horas
Identificación do proxecto na Cooperación Universitaria_ O enfoque de desenvolvemento:
Día 3. Traballo en Grupos. Teoría e práctica.4 horas.
Formulación do proxecto segundo formularios da Cooperación Galega e da AECID:
Día 4. Traballo en Grupos. Teoría e práctica.4 horas.
Formulación do proxecto segundo formularios da Cooperación Galega e da AECID:
Execución, Seguimento e Avaliación.
Traballo autónomo 8 horas:
Desenvolvemento de tarefas de formulación de proxectos a realizar individualmente entregaranse a través de MOOVI.
Ata o 5 de novembro.
Impartido en
A parte presencial desenvolverase a través do campus de Ourense no Edificio Xurídico Empresarial (informaremos da aula as persoas matriculadas).
As tarefas asíncronas realizarnase a través de MOOVI.
Mais información e preinscrición en :