A Rede Galega de Cooperación Universitaria, integrada pola Universidade da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo organiza " A Semana Galega da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento".
As xornadas terán presenza nos campus das tres universidades galegas e poderán seguirse online.
Lugar e datas:
Vigo:
Día 9 de maio XORNADA 1 : ALIANZAS Sala 1. Edificio Miralles. Campus de Vigo
Santiago de Compostela:
Día 10 de maio XORNADA 2: A Universidade creando conciencia. Campus Sur . USC
A Coruña:
Día 11 de maio XORNADA 3: As persoas. Campus Elviña. UDC
Persoas destinatarias. Comunidade Universitaria e entidades sociais.
Estas xornadas van dirixidas a docentes, investigadores/as, estudantes, persoal universitario de servizos e administración así como a traballadores/as das entidades sociais e público en xeral que teña un interese especial na cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD).
Acreditación da asistencia
Obxecto:
Nestas xornadas achegarémonos ao fenómeno da CUD establecendo un foro de diálogo e reflexión entre os principais actores da cooperación en torno á cooperación universitaria ao desenvolvemento, co obxecto de reforzar o papel das Universidades Públicas como axentes de cooperación e crear sinerxías conxuntas que xeren efecto multiplicador das accións de cooperación no marco da Axenda 2030.
As xornadas articúlanse en torno a relatorios, mesas redondas, paneles de experiencias, presentacións de pósteres.
Ademais da presentación de relatorios e a celebración de mesas de debate, está prevista a unha sesión de presentación de pósters (Máis información: contacta con direc.equidade@uvigo.es).
Inscríbete aquí (inscrición xeral para UDC/UVIGO e outras persoas interesadas):
Formularios | Secretaría Online Universidade de Vigo (uvigo.gal)
Inscríbete aquí se pertences á USC:
https://sec-virtual.usc.es/LoginX/Login.asp