Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Flecha
Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
Centro de Cooperación ao Desenvolvemento (CCD)
O Centro de Cooperación ao Desenvolvemento (CCD) da Universidade Politécnica de Valencia, créase como un lugar de encontro e reflexión á disposición da comunidade universitaria interesada en adquirir un compromiso cunha realidade social cada vez máis desigual. O CCD actúa de catalizador das actitudes solidarias do colectivo universitario, instrumentalizando e potenciando a cooperación cos sectores máis desfavorecidos da poboación, tanto no Norte como no Sur.
Comité Universitario Valenciano de Relacións Internacionais e Cooperación
CUVRIC (Comité Universitario Valenciano de Relacións Internacionais e Cooperación), ten como finalidade o fomento das relacións internacionais e a cooperación ao desenvolvemento nos eidos da docencia, investigación, extensión universitaria e fortalecemento institucional. .
Instituto Universitario de Desenvolvemento e Cooperación (IUDC-UCM)
O Instituto Universitario de Desenvolvemento e Cooperación da Universidade Complutense de Madrid (IUDC-UCM), conta con distintas áreas de traballo en materia de formación, investigación, consultoría e asistencia técnica en materia de cooperación ao desenvolvemento, así como con distintas liñas de publicacións.
Observatorio de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento da Universidade de Valladolid (OCUVa).
O OCUVa é o órgano univesitario adicado á investigación, divulgación, ensinanza e promoción da Cooperación ao Desenvolvemento, así como do desenvolvemento dos países susceptibles de recibiren axuda en concepto de Cooperación ao Desenvolvemento. A través da metodoloxía de traballo interdisciplinar e aberto, busca mecanismos que contribúan a mellorar a calidade, eficiencia e eficacia da Cooperación ao Desenvolvemento e a fortalecer os instrumentos de Educación para o Desenvolvemento especialmente no eido da comunidade de Castela e León.
Observatorio de la Cooperación Universitaria al Desarrollo
O Observatorio pretende converterse nun nodo central na rede de estruturas de cooperación ao desenvolvemento de todas as universidades españolas. Para iso, créase un sistema integrado de información que permita mellorar o coñecemento da CUD, homologar accións, e elaborar estratexias conxuntas.
Oficina de Acción Solidaria e Cooperación da UAM
A Oficina de Acción Solidaria e Cooperación, dependente da Vicerreitoría de Cooperación e Extensión Universitaria, naceu en outubro de 2002 como o compromiso institucional da Universidade Autónoma de Madrid para artellar e organizar eficazmente todas e cantas actividadesse emprendan en sensibilización, formación e promoción de valores e actitudes, centrados na cooperación, a solidariedade e a xustiza, constituíndo así un referente neste campo para toda a comunidade universitaria, abríndose igualmente a outras entidades, organismos e colectivos.
Oficina de Cooperación ao Desenvolvemento da Universidade de Sevilla
A Oficina de Cooperación ao Desenvolvemento da Universidade de Sevilla creouse en 2008, ano no que aprobou o seu I Plan Propio de Cooperación para o Desenvolvemento, co que ofrece unha diversidade de actividades na materia.
Rede Española de Estudos do Desenvolvemento (REEDES)

A Rede Española de Estudos do Desenvolvemento (REEDES) é unha rede académica, interdisciplinar, especializada na investigación e a docencia en temas de desenvolvemento e cooperación internacional.

 

Rede Española de Estudos do Desenvolvemento (REEDES)
Rede Universitaria de Investigación sobre Cooperación Madrid
A Rede Universitaria de Investigación sobre Cooperación para o Desenvolvemento foi creada en febrero de 2005 por iniciativa do Concello de Madrid co obxectivo de contribuir a mellorar o impacto da cooperación para o desenvolvemento a través da realización de investigacións, seminarios e textos especializados aproveitando os recursos humanos existentes nas unviersidades desta cidade. Este espazo interuniversitario, estable no tempo, permitiu a consolidación de grupos de traballo e investigación nas áreas máis determinantes da cooperación ao desenvolvemento das universidades madrileñas.
Rede Vives
A Rede Vives é unha institución sen ánimo de lucro que representa e coordina a acción conxunta de 21 universidades de 4 estados europeos en educación superior, investigación e cultura. Dende o ano 1994, ofrece unha plataforma que lidera servizos para universidades, organizacións públicas e privadas e sociedade, co obxectivo de contribuir ao proceso de construción e de desenvolvemento económico e social desta rexión universitaria transfronteriza da Europa Mediterránea.
Unidade de Acción Social e Solidaria (UCA)
A Unidade de Acción Social e Solidaria da Universidade de Cádiz, depende da Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Servizos Universitarios, e conta con distintas áreas de traballo, entre elas a Cooperación ao Desenvolvemento.
Universidad Pública de Navarra
Área de Cooperación Universitaria al Desarrollo de la UPNA El Área de Cooperación Universitaria al Desarrollo (CUD) de la UPNA comenzó su andadura en el año 2001, como una consecuencia lógica de la llamada “Estrategia de Cooperación Universitaria al Desarrollo (ESCUDE)”, aprobada en el año 2000 por el Comité Español Universitario de Relaciones Internacionales (CEURI). Dependiendo de la Sección de Relaciones Exteriores, su misión consiste en impulsar y dar un soporte técnico a todas las iniciativas relacionadas con la CUD que se realicen en nuestra universidad.