Política de privacidade

A través desta páxina web non se solicitan datos de carácter privado dos usuarios sen o seu coñecemento, nin se ceden a terceiros.

A páxina web rgcud.gal pode conter ligazóns a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas á de Universidade da Coruña. Ao acceder a tales páxinas web, o usuario pode decidir se aceptar as súas políticas de privacidade e de cookies. Con carácter xeral, se navega por internet vostede pode aceptar ou rexeitar as cookies de terceiros desde as opcións de configuración do seu navegador.

A continuación, indicámoslle a información básica:

Responsable do tratamento:

Os datos de carácter privado que se puidesen solicitar directamente do usuario serán tratados de forma confidencial e serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade da Coruña, sendo os seus datos de contacto Rúa Maestranza 9, 15001 da Coruña, teléfono 981167000, correo electrónico rpd@udc.gal.

Finalidade do tratamento:

A finalidade do sitio web é a de informar dos produtos e servizos relacionados coa actividade institucional da Universidade da Coruña. O usuario, cando facilita os seus datos a través dun formulario de contacto contido na páxina web ou mediante o rexistro de usuarios da web, consente expresamente que os seus datos privados sexan tratados para a remisión de información por vía electrónica, ou para as finalidades declaradas no propio rexistro ou formulario de contacto.

Lexitimación do tratamento:

O tratamento dos seus datos realízase para o cumprimento da relación contractual entre o usuario rexistrado e o titular desta páxina web, así como cando a finalidade do tratamento requira o seu consentimento, o cal se manifestará no formulario de contacto correspondente, mediante unha clara acción afirmativa (Por exemplo, mediante a aceptación da casa correspondente á política de privacidade).

Conservación de datos: 

Os datos privados proporcionados polos usuarios, xa sexa a través dos formularios de contacto ou a través do rexistro de usuarios na páxina web, conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, alén dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos:

Non se comunicarán os datos privados a terceiros, salvo obrigación legal.

Tratamento de datos de menores:


As persoas maiores de 16 anos poderán prestar validamente o seu consentimento para o tratamento dos seus datos privados a través desta páxina web.
O tratamento de datos de persoas menores de 16 anos necesitará o consentimento dos seus pais ou titores legais, cuestión que haberá de manifestarse nos formularios de contacto.

Dereitos dos interesados:
Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e limitación do tratamento e portabilidade dos seus datos, así como o dereito de non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, a través das vías indicadas en: https://www.udc.es/es/pe/politica_privacidade/
e https://www.udc.es/es/goberno/equipo_reitoral/secretaria/proteccion-de-datos/normativa-dereitos-e-rexistro/